IDIOMAS
Inglés, alemán, francés, italiano, portugués, galego, catalán, vasco, holandés, etc. De e ao castelán. Para outras combinacións lingüísticas, consúltenos.
O noso valor engadido
EURECO GALICIA somete todas as traducións a un rigoroso control de calidade que pode dividirse en tres fases. A primeira corresponde á pretradución: análise do documento de partida e documentación. A segunda é a tradución propiamente dita (en caso necesario, con axuda de programas especiais como as memorias de tradución). A terceira consiste na edición e revisión a todos os niveles, en particular a terminoloxía, facendo especial fincapé na adaptación do texto á lingua meta. Ademais, garantimos un servizo profesional, confidencial e dilixente.