PRESENTACIÓN

Somos unha empresa prestadora de servizos profesionais de tradución.
Traducimos dende e a todos os idiomas grazas a unha ampla rede de colaboradores en Europa. Dispoñemos dunha completa base de datos de tradutores, profesionais nativos e especializados, que nos permite seleccionar o tradutor máis adecuado para cada proxecto de tradución.
Realizamos dende a simple tradución dunha carta comercial a proxectos máis complexos de xestión multilingüe, incluída a tradución de manuais técnicos, presentacións multilingües, catálogos e folletos publicitarios, páxinas web, etc.
O noso principal campo de especialización é a tradución xurada de todo tipo de documentos: contratos, escrituras notariais, etc.

EURECO GALICIA ofrece unha atención personalizada e garante a calidade das súas traducións, todas elas sometidas a un rigoroso control de calidade. O noso obxectivo é alcanzar a máxima satisfacción de cada cliente.